CAAMAÑO SUAREZ, MANUEL
Producto agotado
Datos técnicos
Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera, revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano. Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, que hoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lectura actual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro. A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar esta apreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo da arquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando que se ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, toda arquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que lle deron vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas que ensinarnos.
Living in Bali (40º Aniversario)
25.00€ 23.75€
2024 © Vuestros Libros Siglo XXI | Desarrollo Web Factor Ideas